Apresentación online do libro Na defensa dos animais

O vindeiro martes/3ª feira 28 de maio terá lugar a apresentación online do libro Na defensa dos animais, publicado por Axóuxere Editora. O evento será via Zoom, e aberto para todo o mundo que queira participar. Terá duas partes. Ás 19:00h. terá lugar a apresentación, que durará 30 mins. Posteriormente, ás 19:30h. terá lugar unha sesión de colóquio onde calquera das persoas que asistan poderá participar e facer perguntas ao autor do libro, así como outros comentários acerca deste.

Esta é a ligazón para ver a charla inicial ás 19:00:

Esta é a ligazón para participar no colóquio ás 19:30

Tes máis información sobre o libro aqui

O libro está en aberto para baixar aqui

Se non tes o software para conectarte, podes baixalo previamente aqui


Para máis información, podes ver aqui a recensión do libro en Nós TV

Podes ver aqui unha charla sobre o mesmo tema

E aquí unha entrevista a partir da publicación do libro

Aqui vai un extracto do libro (podes ver mais aqui):

Imaxina que podes decidir en cal dos seguintes dous mundos vivir. No primeiro, o mundo actual, os seres humanos facemos que os animais sofran e morran, e desentendémonos do que lles aconteza. No segundo, que é outro mundo posíbel, os animais son respectados. Supoñamos que non soubeses se foses nacer coma ser humano ou coma calquera outro animal. Cal destes mundos escollerías? Pensa agora noutra situación hipotética. Imaxina que vives nun lugar onde, en moitos sitios distintos, hai colocados uns botóns vermellos moi visíbeis nos que calquera pode premer. Cada vez que tocas nun, fas que un animal, ou varios, sofran de xeitos terríbeis e morran. Mais ao pulsalo obtés unha sensación agradábel. Tocarías neses botóns? Neste libro convídasenos a facernos estas e outras preguntas, animados cunha vontade de meditación ética, co obxecto de repensar a nosa actitude cara aos animais. Pois o certo é que tradicionalmente acostumouse a pensar que os animais de especies distintas da nosa son cousas que podemos empregar á vontade, e por cuxa situación non nos temos que preocupar. Porén, esa idea está a ser abandonada por moita xente, paseniñamente. Por que é que isto está a acontecer? Que motivos teñen todas esas persoas que se están a unir, nun número cada vez maior, á causa da defensa dos animais?

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s