Libro en galego: Na defensa dos animais

Acaba de ser publicado por Axóuxere Editora (finalmente para o público galego!) Na defensa dos animais.

Vai ser apresentado nun início nestas duas localidades, alá nos veremos:

  • Barbanza, A Pobra do Caramiñal/Póvoa do Caraminhal, 07/06/2019, 20:00h. Auditório-Muséu Valle-Inclán.
  • Santiago de Compostela, 13/06/2019, 19:00h. Salón de Actos, Fac. de Filosofia USC, Praza de Mazarelos.

Nos dous eventos estará Roberto Abuín de Axóuxere. Na Barbanza estará igualmente Genoveva Hermo, a representar o apoio do Concello da Pobra do Caramiñal.

Este é o extracto para saber mais do que vai (podes ver mais aqui):

“Imaxina que podes decidir en cal dos seguintes dous mundos vivir. No primeiro, o mundo actual, os seres humanos facemos que os animais sofran e morran, e desentendémonos do que lles aconteza. No segundo, que é outro mundo posíbel, os animais son respectados. Supoñamos que non soubeses se foses nacer coma ser humano ou coma calquera outro animal. Cal destes mundos escollerías? Pensa agora noutra situación hipotética. Imaxina que vives nun lugar onde, en moitos sitios distintos, hai colocados uns botóns vermellos moi visíbeis nos que calquera pode premer. Cada vez que tocas nun, fas que un animal, ou varios, sofran de xeitos terríbeis e morran. Mais ao pulsalo obtés unha sensación agradábel. Tocarías neses botóns? Neste libro convídasenos a facernos estas e outras preguntas, animados cunha vontade de meditación ética, co obxecto de repensar a nosa actitude cara aos animais. Pois o certo é que tradicionalmente acostumouse a pensar que os animais de especies distintas da nosa son cousas que podemos empregar á vontade, e por cuxa situación non nos temos que preocupar. Porén, esa idea está a ser abandonada por moita xente, paseniñamente. Por que é que isto está a acontecer? Que motivos teñen todas esas persoas que se están a unir, nun número cada vez maior, á causa da defensa dos animais?”

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s